BaGoNiX - Usuarios de GNU-Linux do Val Miñor
                     (e outras galaxias)

Quen somos?

Somos, ou mais ben queremos ser, un grupo de usuarios e xente interesada en GNU-Linux. ou o que é o mesmo, no sistema operativo Linux e as aplicacións de código libre. Tendo nacido o grupo no Val Miñor (BAiona, GOndomar e NIgrán linuX), o noso ámbito non se cingue a eses límites, sendo benvidos os linuxeiros dos dous lados do pai Miño. Unha rexión que a pesar do seu potencial estase quedando atrás no eido tecnolóxico. A verdade é que esa concreción xeográfica non é moi certa, xa que grazas a Rede podemos e debemos estar abertos á colaboración con persoas de calquera lugar.

O idioma do grupo é o galego, que forma parte do noso patrimonio cultural en perigo, e temos que defendelo. Mais non por iso estamos pechados, e podedes escribirnos en portugués, español, inglés ou calquera outra lingua (ca única limitación de que alguén de aquí a entenda)
 


Algo que ler antes de comezar

Para introducirse no tema de un xeito doado, nada mellor que a páxina de Manu Cornet, chamada  Por que é mellor Linux , (lectura indispensable, non a perdan) ou As 7 Maravillas de Linux .

Para quen queira apaixonarse dos Sistemas Operativos de dominio público e comprender por que son mellores que os que non seguen este modelo, recomendase a lectura de "A Catedral e o Bazar", de Eric Steven Raymond, un libro que que xa tivo importantes repercusión no "mundo real", entre as que destaca a decisión da empresa Netscape de liberar o código do seu famoso navegador (o que hoxe en dia se chama Firefox). E quen gustou dese libro, pode ler tamén "Como converterse en Hacker", do mesmo autor (un hacker é un entendido en sistemas operativos, non un delincuente informático ou cracker, como algúns intentan facernos crer).