O UNIVERSO Netvibes de BAGONIX

Dentro do ecosistema de Netvibes os "universos" son páxinas especializadas que suman, entre outras cousas, información relacionada cun tema concreto de diversas fontes que dispoñan de RSS.

Netvibes é un servizo na Rede que actúa a modo de escritorio virtual personalizado, similar ao de Google ou MSN Live (pero moito mellor). Está organizado en pestanas, onde cada unha polo xeral é un agregador de diversos módulos e trebellos definidos polo usuario. Estes módulos, á súa vez, actúan como pequenas fiestras cuxo contido é xerado por outro servizo, ou son miniaplicacións.

Tras a noticia de que o "El País" e o "El Mundo" teñen o seu universo, BAGONIX non ia ser menos. Non te perdas o Universo de BaGoNiX